Ramón Mariño e Xavier Varela editan o volume Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais

Data: 
xoves, Maio 26, 2016 - 14:15
Imaxe: 

A revista Verba acaba de publicar, como o seu anexo 73, Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais, editado polos investigadores do ILG Ramón Mariño e Xavier Varela. Nel colaboran, xunto con outros especialistas nestas dúas disciplinas, outros investigadores do ILG: Francisco Dubert, Paulo Lema, Ricardo Pichel e Alexandre Rodríguez.

Os contidos ordénanse en dúas partes complementarias, unha centrada en cuestións de lingüística histórica románica, ibérica e galega, e a outra dedicada especificamente á edición de textos galegos medievais. As exposicións sobre lingüística histórica con que se inicia o volume van deseñando un marco conceptual que se ve arroupado polas contribucións sobre edición de textos galegos medievais reservadas para a segunda parte. Desta maneira, ponse en foco a interdependencia entre a lingüística histórica e a edición de textos.

Esta publicación é froito dunha iniciativa interuniversitaria de desenvolvemento dos estudos de lingüística histórica galega e fai parte dunha liña de publicacións formada, polo momento, por Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica (2014, Universidade da Coruña) (Monografía 9 da Revista Galega de Filoloxía) e, proximamente, por Lingüística histórica e dialectoloxía (2016, Universidade de Vigo).

ÍNDICE

Presentación . ………………..………………………………………………………………………………………………………  5

I. Lingüística histórica románica, ibérica e galega

En torno a los orígenes de las lenguas románicas y su emergencia escrita

Juan Pedro Sánchez Méndez  ………………………………………………………………………………………………  11

Norma y variación en el romance de la documentación leonesa del siglo XIII

José Ramón Morala   ……………………………………………………………………………………………………………  29

A fronteira entre português antigo e clássico: português médio

Esperança Cardeira   ………………………………………………………………………………………………….…………  55

Del Corpus (CICA) a la Gramàtica (Gca)

Joan Torruella ………………………………………………………………………………………………………………………  65

Integración de recursos lingüísticos na plataforma RILG

Xavier Gómez Guinovart ………………………………………………………………………………………………………  93

Variación diacrónica na expresión do sufixo número-persoal da P2 do pretérito de indicativo en galego

Ramón Mariño Paz  ……………………………………………………………………………..………………………………  99

Variación e cambio na morfoloxía do artigo definido galego

Francisco Dubert García ………………………………………………………………………………………..…………… 127

Freguesía e parroquia. Dúas voces que reclaman un dicionario histórico para a lingua galega

Xavier Varela Barreiro  ………………………………………………………………………………………………..……… 147

A toponomástica como auxiliar da fonética histórica: algúns exemplos do ámbito galegoportugués

Paulo Martínez Lema ………………………………………………………………………………………………….……… 177

II. Algunhas cuestións de edición de textos galegos medievais

Usos grafemáticos nas correccións marxinais primitivas do Cancioneiro da Ajuda: as grafías vocálicas

Alexandre Rodríguez Guerra ………………………………………………………………….…………………………… 193

Aproximación grafemática á representación dos contextos de nasalidade vocálica no galego medieval

Pedro Dono López  …………………………………………………………………………………………..…….………….. 227

Signos ou evidencias de corrección na escritura orixinaria da Historia Troiana (BMP Ms. 558)

Ricardo Pichel Gotérrez  …………………………………………………………………………….………………………. 245

Edición crítica e léxico: sobre algunhas cuestións de vocabulario na poesía profana galegoportuguesa

Manuel Ferreiro …………………………………………………………………………………………………….…………. 259