Presentación do libro La lingua delle Cantigas

Data: 
martes, Xaneiro 22, 2019 - 14:15
Imaxe: 

O xoves 31 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro La Lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, da autoría do profesor Pär Larson, do Instituto Opera del Vocabulario Italiano (C.N.R.), Florencia. 

A obra, publicada na editorial Carocci de Roma, constitúe a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da península Ibérica entre finais do século XII e mediados do XIV.

No acto, que se desenvolveu ás 13.00 h no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, interviron o autor do libro, a profesora Mariña Arbor Aldea e o profesor e investigador do ILG Henrique Monteagudo.