Prácticas do Mestrado EMLex no Instituto da Lingua Galega
Data:
luns, Xullo 1, 2019 - 10:30
O estudante brasileiro José Carlos Ximenes Rocha Júnior, procedente da Università Roma Tre, realiza as prácticas do prestixioso Máster Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLEX) no Instituto da Lingua Galega.
Este mestrado foi recentemente revalidado como Erasmus Mundus, obtendo a máxima puntuación entre os títulos candidatados, O estudante realiza as súas prácticas dentro do proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués.