Páxina web sobre os materiais galegos do ALPI

Data: 
luns, Xaneiro 30, 2023 - 14:00
Imaxe: 

O proxecto Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX, dirixido polo investigador do ILG Xulio Sousa, acaba de facer pública a páxina web Os materiais galegos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. Nela ofrécese información sobre o proxecto do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI), algúns mapas elaborados a partir dos datos galegos, imaxes dos cadernos de campo e fotografías. Tamén poden consultarse as publicacións das persoas que traballaron no proxecto ao longo destes anos.