Os investigadores do Ilg rexeitan as Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario

Data: 
domingo, Xuño 6, 2010 - 01:15

O persoal investigador do Instituto de Lingua Galega da USC remitíronlle este xoves ao presidente da Xunta de Galicia unha carta na que lle manifestan a súa preocupación polas “consecuencias negativas” que “o conflito” sobre as bases para a elaboración do decreto do galego ten para o status da lingua galega.

“O novo decreto –din- representaría unha involución no proceso de normalización da lingua galega”. A súa aplicación, argumentan, “faría imposible que a maioría dos alumnos e alumnas poida chegar a ter competencia comunicativa na lingua propia de Galicia, co que se agravaría o déficit que xa existe na actualidade”.

Por todo isto, instan ao presidente a “volver ao consenso que presidiu a política lingüística en Galicia desde a promulgación da Lei de normalización lingüística ata a aprobación do Plan xeral de normalización da lingua galega”.