O profesor Xulio Sousa na Universitat Autònoma de Barcelona
Data:
venres, Novembro 7, 2014 - 12:45
O profesor e investigador Xulio Sousa visitou a Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) o venres 7 de novembro para pronunciar unha conferencia titulada «Documentación y herramientas para la investigación léxica en gallego». Esta comunicación insírese dentro do Seminario de Variación léxica y documentación, organizado polo Grup de Lexicografia i Diacronia, pertencente ao Seminari de Filologia i Informàtica da UAB.