O profesor Ramón Lorenzo recibiu o premio Trasalba 2011 outorgado pola fundación Otero Pedrayo
Data:
luns, Xuño 27, 2011 - 01:45
Imaxe:
O catedrático da USC e investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) recibiu este domingo o Premio Trasalba 2011 nun acto celebrado no Pazo de Trasalba. A encargada da laudatio do premiado foi a profesora e directora do ILG Rosario Álvarez Blanco.
O homenaxeado exerceu como catedrático de Lingua e literatura galega na USC e na actualidade é investigador do Instituto da Lingua Galega, onde traballa na edición de textos galegos medievais. Lorenzo é unha figura destacada da Filoloxía galega e recoñecido especialista en lingua medieval. Entre os seus traballos destacan as edicións das versións galegas da Crónica General e da Crónica Troiana.
Licenciado e doutorado en Filosofía e Letras con Premio Extraordinario na Universidade Complutense de Madrid, impartiu docencia en diversas universidades españolas e estranxeiras e participou na fundación de entidades de prestixio como o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega. Director da revista literaria Dorna, Lourenzo foi ademais Premio Galicia de Investigación en 2004.