O ILG inaugura as charlas informais "Visita e café"

Data: 
luns, Setembro 18, 2023 - 11:00
Imaxe: 

A pasada semana inaugurouse no ILG a actividade Visita e café co obxectivo de coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións. O 14 de setembro tivo lugar o primeiro café informal con Laura Lesta García, do Middlebury College (Estados Unidos), quen nos acompañará durante un ano para desenvolver a súa investigación sobre o estudo do humor e da súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.

O xoves 21 será Cecilia Farias, da Universidade de São Paulo, quen conversará sobre o traballo que vai realizar durante o seu mes de estadía. Farias investiga sobre as realidades plurilingües, as linguas minorizadas e as relacións sociopolíticas vinculadas ao concepto de lingua, con especial interese na realidade galega.