Novo recurso dixital: Patrimonio léxico da Gallaecia

Data: 
mércores, Febreiro 19, 2020 - 11:00
Imaxe: 

En http://ilg.usc.gal/plg/ tendes á vosa disposición unha nova ferramenta elaborada no Instituto da Lingua Galega e que permite consultar as denominacións correspondentes a unha serie de conceptos na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como a distribución cartográfica de tales denominacións.

A ferramenta, Patrimonio léxico da Gallaecia, foi elaborada no marco do proxecto do mesmo nome, que se insire de súa vez no proxecto Geoarpad (https://www.geoarpad.eu/gl).