Mostra sobre Luis Seoane en Arxentina

Data: 
mércores, Agosto 31, 2022 - 12:45
Imaxe: 

O investigador do ILG Pablo García Martínez é un dos comisarios, xunto a Silvia Dolinko, da mostra Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura de la Ciudad de Buenos Aires. A exposición, que pode visitarse no Museo de Arte Español Enrique Larreta da capital arxentina ata o 27 de novembro, propón un percorrido pola traxectoria do artista Luis Seoane a través de estampas, pinturas, publicacións, cerámicas e outros materiais.