Membros do ILG no VI CODILI

Data: 
mércores, Outubro 5, 2022 - 11:30
Imaxe: 

Os investigadores do ILG Ricardo Pichel, Xulio Sousa e Xavier Varela participan no VI Congreso Internacional de Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI), que ten lugar na Università Ca’ Foscari de Venecia entre o 5 e o 7 de outubro. Ricardo Pichel e Xavier Varela falarán sobre a edición dixital de textos antigos galego-portugueses e Xulio Sousa, sobre o uso dos atlas lingüísticos na investigación diacrónica do galego.