Manuel González galardoado nos Premios da Cultura Galega

Data: 
mércores, Outubro 5, 2022 - 16:00
Imaxe: 

O investigador do ILG Manuel González González foi galardoado pola súa traxectoria na modalidade de Lingua na última edición dos Premios da Cultura Galega, creados pola Xunta de Galicia, segundo a decisión adoptada polo xurado reunido onte en Santiago de Compostela.

Na categoría de Letras foi distinguida Marica Campo; na de Artes Visuais, María Victoria Carballo-Calero; na de Música, os Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela; na de Patrimonio Cultural, Xacarandaina; na de Proxección Exterior, o Programa ConCiencia da USC; e na de Audiovisual, Xosé Ramón Gayoso.