M.ª Dolores Sánchez Palomino, académica numeraria da RAG

Data: 
domingo, Decembro 18, 2022 - 16:15
Imaxe: 

A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña e colaboradora do ILG María Dolores Sánchez Palomino ingresou este sábado na Real Academia Galega (RAG) como membro de número co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias]. A filóloga, directora do novo dicionario castelán-galego que a RAG ofrecerá proximamente en liña, defendeu na súa intervención a necesidade de que as academias aposten polos repertorios bilingües que cumpren, salientou, unha función comunicativa, social e cultural, ao tempo que participan na conformación e difusión da norma lingüística. Deulle resposta en nome da institución o investigador do ILG Manuel González, quen afirmou que a nova académica “vai ser un esteo fundamental no traballo lexicográfico da Academia”.