Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania

Data: 
luns, Novembro 12, 2018 - 12:30
Imaxe: 

A profesora María Álvarez de la Granja e o profesor Ernesto González Seoane editan un volume sobre Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, publicado en Iberoamericana Vervuert.

A obra ofrece unha visión global da presenza e do tratamento do léxico dialectal na lexicografía iberorrománica, atendendo a dúas vertentes complementarias: a produción lexicográfica dialectal e os dicionarios xerais. O libro está configurado en tres bloques de contido. O obxectivo do primeiro é ofrecer un marco xeral teórico-metodolóxico sobre léxico dialectal e lexicografía no ámbito iberorrománico. No segundo bloque abórdase a lexicografía dialectal de diferentes variedades iberorrománicas e no terceiro estúdase o léxico dialectal recollido nos dicionarios xerais de cada unha das linguas oficiais da península Ibérica, así como do portugués do Brasil e do español de América.