Ivo Castro, doutor 'honoris causa' pola USC

Data: 
venres, Marzo 31, 2023 - 12:00
Imaxe: 

O lingüista portugués Ivo Castro será investido doutor honoris causa pola USC o venres 31, ás 12 h, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O catedrático da Universidade de Lisboa terá como padriño ao investigador do ILG Henrique Monteagudo.

Ivo Castro foi proposto polo Departamento de Filoloxía Galega da USC por tecer lazos de colaboración da academia portuguesa coa lingüística e a filoloxía galegas e por dar a coñecer a lingua e a cultura galegas dentro e fóra do ámbito universitario lusitano. Por iniciativa súa, a Universidade de Lisboa acolleu unha activa Cátedra de Estudos Galegos que promoveu un gran número de actividades, pero, sobre todo, facilitou os acordos entre institucións como o Centro de Linguística da Universidade de Lisboa e o ILG.

No acto tamén será investida Mary Beard, catedrática de Historia e Literatura do Mundo Antigo na Universidade de Cambridge.