Inauguración dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Data: 
venres, Xullo 1, 2016 - 09:00
Imaxe: 

O venres 1 de xullo, ás 12:30 horas, tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía o acto de inauguración da XXIX edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen Fronteiras", coorganizado polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña.

Estes cursos, que se veñen celebrando desde o verán de 1988, están dirixidos a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua, na literatura e na cultura galegas. Os cursos organízanse en tres niveis: nivel elemental, nivel medio e curso superior de lingüística e de literatura galegas. Ademais das clases de lingua, programáronse actividades de ampliación cultural, que consistiron fundamentalmente en conferencias sobre literatura, historia e outros eidos da realidade sociocultural de Galicia, así como visitas a lugares de interese natural e histórico de Galicia.