Inauguración do Punto de Igualdade do ILG

Data: 
martes, Marzo 10, 2026 - 11:00
Imaxe: 

A Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega acaba de crear un Punto de Igualdade no centro que se configura como un espazo de información e de protección. Este espazo, instalado na entrada do Instituto, será inaugurado o martes 10 de marzo, ás 11:00 h, para o que se contará coa presenza de Sonia Esperanza Rodríguez Boente, profesora titular da Área de Filosofía do Dereito e actual delegada para a Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Tras a inauguración, Rodríguez acompañaranos nunha conversa aberta en que se falará sobre a situación actual na USC en relación á violencia sexual e o acoso e tamén se exporán os puntos principais do Protocolo fronte as violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC para saber como proceder perante estas situacións.