I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/unnamed.jpg?itok=dDBpnK7c)
O venres 9 de novembro tiveron lugar no Departamento de Línguas e Culturas da Universidade de Aveiro as I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística.
Neste encontro participaron os profesores Francisco Dubert e Xulio Sousa, especialistas en xeografía lingüística e variación lingüística.
O profesor Francisco Dubert impartiu unha conferencia titulada "Liberarse das fronteiras. O contínuum xeolingüístico do noroeste ibérico".
O profesor Xulio Sousa impartiu un seminario sobre "A representación cartográfica da variación lingüística como método de investigación". Xulio Sousa formou parte do comité organizador deste congreso.