Henrique Monteagudo presenta dous novos libros

Data: 
mércores, Abril 24, 2024 - 13:00
Imaxe: 

O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega (CCG). A seguir, haberá ocasión para o debate arredor do libro. O investigador do ILG estará acompañado de Rosario Álvarez, presidenta do CCG e membro do ILG; Elisa Fernández Rei, directora do ILG; Xoán Lagares, profesor da Universidade Federal Fluminense; Eduardo Maragoto, profesor da EOI de Santiago de Compostela; e Xosé Luís Regueira, membro do ILG e profesor da USC.

Ese mesmo día pola tarde presentarase, ás 19:30 h, Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Monteagudo estará acompañado por Ramón Villares, catedrático de Historia e escritor; Xosé Manuel Dasilva, profesor da Universidade de Vigo, tradutor e escritor; e Xosé M. Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia.