Defensa da tese de doutoramento de Anik Nandi

Data: 
martes, Decembro 20, 2016 - 10:30
Imaxe: 

O sociolingüista bengalí Anik Nandi, colaborador do ILG, defendeu o día 19 de decembro a súa tese de doutoramento sobre a transmisión interxeracional do galego na Heriot-Watt University de Edimburgo (Reino Unido).

A tese de Nandi, que leva por título Language policy on the ground: Parental language management in urban Galician homes, pretende investigar o papel das micropolíticas lingüísticas dos proxenitores no contexto urbano/semiurbano de Galicia. Na súa presentación, Anik realizou tamén unha reavaliación de conceptos sociolingüísticos e glotopolíticos tales como desprazamento e mantemento dos idiomas minoritarios e os seus efectos inmediatos nas micropolíticas lingüísticas dentro da familia.