Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
martes, Xaneiro 15, 2019 - 15:45
Imaxe: 

Resolución 4/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

Convócase un contrato de nove meses de duración a tempo parcial no ILG para manter, actualizar e ampliar a base de datos do Corpus Informatizado da Lingua Galega (CORILGA). O prazo para presentar solicitudes remata o martes 26 de febreiro. A información figura en http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2449_gl.pdf.