Convocatoria de nove prazas para traballar no proxecto Nós

Data: 
venres, Xullo 8, 2022 - 17:45
Imaxe: 
Ofértanse nove postos de traballo vinculados ao proxecto Nós a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha duración de 29,5 meses. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 h do 15 de xullo de 2022.
 
Descrición das prazas:
 
Código da praza: 2021-CP080.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
 
Código da praza: 2021-CP080.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Elaboración de corpus lingüísticos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e avaliación de resultados.
Titulación requirida: Licenciatura ou grao en lingua e literatura galegas
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
 
Código da praza: 2021-CP080.02
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Coordinación e supervisión da elaboración dos recursos lingüísticos orais, redacción de memorias técnicas e asesoramento e coordinación lingüística da área de tecnoloxías da fala.
Titulación requirida: Doutoramento en estudos lingüísticos
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
 
Código da praza: 2021-CP081.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións:> Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para a xeración textual, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
 
Código da praza: 2021-CP081.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e realización das tarefas relacionadas coa elaboración de corpus e datasets para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
 
Código da praza: 2021-CP081.02
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
 
Código da praza: 2021-CP081.03
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e elaboración de corpus e datasets para sistemas de corrección e avaliación de textos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
 
Código da praza: 2021-CP081.04
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Supervisión e coordinación da área de Tradución Automática, redacción de memorias técnicas e supervisión do desenvolvemento de ferramentas de tradución automática.
Titulación requirida: Doutoramento en tradución automática
 
Código da praza: 2021-CP081.05
Categoría laboral: Técnico/a superior de xestión (I.2)
Funcións: Coordinación e seguimento das actividades do proxecto e do plan de traballo; apoio de xestión administrativa e técnica e coordinación e elaboración da parte documental do proxecto; apoio na organización de eventos e actividades de comunicación do proxecto interna e externa e responsabilidades na coordinación dos recursos humanos asociados ao proxecto, nomeadamente nos ámbitos técnico e administrativo.