Contacto de linguas e variedade na emerxencia de novos modelos de vocalismo galego
Data:
venres, Decembro 4, 2020 - 12:00
Imaxe:

Os sistemas vocálicos do galego usados pola mocidade universitaria son analizados por Alba Aguete en "Contacto de linguas e variedade na emerxencia de novos modelos de vocalismo galego", publicado no volume Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica.
O artigo é unha completa e rigorosa investigación que mostra "o proceso de nivelación que afecta ao vocalismo tónico do galego" falado por estudantes universitarios.