Chamamento para contribucións (Call for papers)

Data: 
xoves, Xaneiro 15, 2015 - 00:00
Imaxe: 

A revista Estudos de Lingüística Galega fai unha chamada para o envío de contribucións que serán publicadas no número 7 (2015). O prazo para a recepción de traballos remata o 15 de xaneiro de 2015.

Os artigos que se propoñan para publicar en Estudos de Lingüística Galega teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Todos os orixinais recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Estudos de Lingüística Galega está rexistrada e indexada, entre outras, nas seguintes bases de datos: CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, MLA (Modern Language Association), Scopus, REDALYC (aceptada en novembro de 2012), DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.