#ArdeGaliza, #QueimanGaliza ou... #ArdenGaliza?

Data: 
martes, Decembro 12, 2017 - 10:45
Imaxe: 

O próximo venres 15 de decembro ás 13.00 horas na Sala de Conferencias do Insitituto da Lingua Galega, a investigadora María Beatriz Domínguez Oroña impartiu unha charla titulada "#ArdeGaliza, #QueimanGaliza ou... #ArdenGaliza? A alternancia causativa nalgúns pares verbais do galego".

Nesta presentación mostráronse o obxecto de estudo, a metodoloxía de investigación e os primeiros resultados da tese en curso “A alternancia causativo-anticausativa en pares léxicos no galego actual”. Nesta tese estúdase un grupo de verbos que presentan alternancia causativa supletiva, é dicir, a que se dá en pares verbais nos que un membro presenta a construción causativa (por exemplo, queimar) e o outro distinto (arder) a construción anticausativa correspondente. En ocasións esta alternancia supletiva do galego muda ao adquirir o predicado anticausativo as propiedades construtivas do causativo: os criminais arderon o monte.