Ana Boullón ingresará na RAG o 11 de decembro
Data:
sábado, Decembro 11, 2021 - 12:30
Imaxe:
A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Isabel Boullón Agrelo como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, localidade natal da filóloga. A investigadora do ILG lerá o discurso titulado Todos os nomes: identidade, pobo, país, ao que lle dará resposta o académico Ramón Lorenzo Vázquez. Ana Boullón ocupará a cadeira vacante tras o pasamento de Xosé Luís Franco Grande o ano pasado.
Ligazóns: