Visita e café con Víctor Bargiela Zotes

Data inicio: 
martes, Xaneiro 30, 2024 - 11:30
Poster: 
Descrición: 

O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Bargiela está a realizar unha estadía de tres meses no ILG para recoller datos sociofonéticos da entoación das preguntas absolutas en galego e en castelán de Galicia, así como das ideoloxías lingüísticas dos falantes respecto á lingua estándar.