"Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira

Data inicio: 
luns, Novembro 20, 2023 - 11:00
Poster: 
Descrición: 
O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar outra "Visita e café" para coñecer o traballo que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG o profesorado visitante. Nesta ocasión Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará, falaranos sobre as actividades que vai desenvolver no centro en relación co seu proxecto posdoutoral Atlas Toponímico de comunidades quilombolas do Pará: os hagiotopônimos.