Visita e café con João Víctor Lima

Data inicio: 
martes, Xuño 2, 2026 - 11:00
Poster: 
Descrición: 

O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo. Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.

Dutra conta con artigos e capítulos de libro publicados no Brasil nas áreas da glotopolítica e da lingüística aplicada. A súa investigación de doutoramento en curso avalía como os influenciadores dixitais (considerados axentes glotopolíticos) operan nas redes sociais difundindo unha tradición normativa do portugués brasileiro. En particular, examina se as regras promovidas polos influenciadores analizados presentan diverxencias respecto das posicións defendidas por gramáticos e lingüistas do país.