Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos

Data de inicio: 
mércores, Novembro 27, 2024 - 15:45
Data de fin: 
xoves, Novembro 28, 2024 - 19:30

Nas últimas décadas, a emerxencia dun campo dos estudos da cultura impresa moveu as confluencias epistémicas que daban forma á historia do libro cara a un espazo heurístico máis fluído, no que respecta principalmente á diversidade dos materiais estudados. Deste xeito, a perda de centralidade do obxecto libro abre un escenario novo, en que o estudo de revistas efémeras ou publicacións híbridas editadas artesanalmente sinala novos puntos de fuga cara a traballos pendentes. Camiños por explorar nas que, forzosamente, a diversidade destes obxectos favorece unha reflexión sobre a materialidade das follas impresas, axudando así ao establecemento de pontes que poñan en diálogo os estudos de lingua e literatura con outras disciplinas como os estudos das artes visuais, os estudos culturais ou a historia social.

Desde o ano 2022, o Instituto da Lingua Galega acolle un grupo de investigadoras e investigadores que traballan nesta liña e, neste 2024, os estudos da cultura impresa serán os protagonistas do seu simposio anual.

Poster: 

Sección

Cronograma
  • 25 de novembro: data límite de inscrición
  • 27 e 28 de novembro: simposio