O curso organízase en varios módulos nos que se presentarán os métodos clásicos da estatística descritiva (módulo 1) e da estatística inferencial (módulo 2), o estudo da correlación entre variables e os modelos de regresión (módulo 3) e as técnicas básicas da análise multivariante (módulo 4). Cada un destes módulos consta dunha sesión teórica, na que se introducen os distintos métodos estatísticos, e unha sesión práctica, na que se aplican estes métodos a exemplos prácticos.
O curso está dirixido a:
- Profesorado
- Investigadores en formación
- Alumnos de máster
- Alumnos de doutoramento
Contidos dos módulos 1 e 2
Módulo 1. Métodos descritivos
- Sesión 1.1. Métodos descritivos. Táboas de frecuencias, medidas descritivas (posición, dispersión e forma) e representacións gráficas dunha e varias variables. (2 horas)
- Sesión 1.2. Práctica sobre métodos descritivos. Introdución a R (instalación, consola e scripts) e exemplos de análise descritiva. (2 horas)
Módulo 2. Métodos inferenciais
- Sesión 2.1. Métodos inferenciais. Variables aleatorias e distribucións, ideas xerais dos intervalos de confianza e contraste de hipóteses, e contrastes clásicos (contrastes de proporcións,proba t, ANOVA, chi-cadrado, ...). (2 horas)
- Sesión 2.2. Práctica sobre métodos inferenciais. Exemplos de aplicación de intervalos de confianza e contrastes de hipóteses. (2 horas)
Profesorado
- Rosa Crujeiras
- Adela Martínez
- Mª José Ginzo
Bibliografía recomendada
Estatística para datos lingüísticos
Baayen, R.H. (2008). Analyzing linguistic data : a practical introduction to statistics using R. Cambridge: Cambridge University Press.
Gries, S.T. (2009). Statistics for linguistics with R : a practical introduction. Berlin: Mouton de Gruyter.
Rasinger, S.M. (2008). Quantitative research in linguistics : an introduction. London: Continuum.
Software estatístico R
Guisande González, C., Vaamonde Liste, A., Barreiro Felpeto, A. (2011). Tratamiento de datos con R, STATISTICA y SPSS. Madrid: Díaz de Santos, D.L.
R Core Team (2013). R: A language and environment for statistical computing. Vienna, Austria: R Foundation for Statistical Computing. URL http://www.R-project.org/.
Verzani, J. (2005). Using R for Introductory Statistics. Boca Raton (etc.): Chapman and Hall/CRC.
Zuur, A.F., Ieno, E.N., Meesteers, E.H.W.G. (2009). A Beginner's guide to R. New York: Springer.