Conferencia de Takeshi Kakihara no ILG

Data inicio: 
venres, Marzo 17, 2023 - 12:30
Poster: 
Descrición: 

O profesor visitante no ILG Takeshi Kakihara, da Universidade Kwansei Gakuin (Xapón), ofrecerá a conferencia O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego. Esta actividade vai ter lugar na sala de conferencias do instituto o venres 17 de marzo, ás 12:30 h.

Resumo 

A presenza de estudantes de galego no exterior é moi importante para o futuro deste idioma. Por iso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia inclúe a proxección exterior do galego como unha parte da súa política lingüística.
Para achegarnos á realidade do ensino de galego para non galegofalantes analizaremos os temas tratados nos manuais didácticos Aula de Galego 1-4, publicados pola Xunta de Galicia e dirixidos principalmente a estudantes non galegofalantes.
Por outro lado, e a fin de coñecer os motivos das persoas estranxeiras para estudar galego, analizaremos os comentarios escritos polo alumnado no cuestionario realizado ao final do Curso de verán de lingua e cultura galegas organizado polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia.