Conferencia de Laura Lesta no ILG

Data inicio: 
xoves, Xuño 27, 2024 - 13:00
Poster: 
Descrición: 
A profesora e investigadora visitante no ILG Laura Lesta García, do Middlebury College, ofrecerá a conferencia Recontar a transición en Galicia: o humorismo gráfico de "Can sen Dono" o 27 de xuño, ás 13 h, na sala de divulgación do Instituto.
 
Lesta falará de Can sen Dono (1983-1991), a primeira revista humorística publicada en galego logo da ditadura franquista. Esta publicación ofrece unha visión da transición que racha co discurso oficialista e conciliador que rodea este período histórico ao comentar de xeito acedo, irónico e crítico cuestións que atinxen a sociedade galega da época. Alén disto, reflexionará sobre o proceso de investigación ligado aos obxectos culturais, sobre a necesidade de cuestionar o canon universitario e a importancia de incluír voces disidentes nos plans de estudo, e de como a análise da cultura popular axuda a entender de xeito máis profundo o contexto no que se insire.