Conferencia de Clara Lago Caamaño

Data inicio: 
xoves, Maio 19, 2022 - 12:30
Lugar: 
Sala de conferencias do ILG
Poñente: 
Clara Lago Caamaño
Poster: 
Descrición: 

Clara Lago Caamaño, investigadora predoutoral do ILG, ofrecerá a conferencia "Alimentación e cambio no léxico dispoñible do galego" o día 19 de maio, ás 12:30 horas, na sala de conferencias do Instituto.

Resumo
A metodoloxía que empregan os traballos de léxico dispoñible permite obter unha gran cantidade de datos asociados a variables sociolingüísticas e explotalos para aplicacións diversas. Unha das posibilidades desta liña de investigación, que apenas foi explorada, é a de estudar cambios na lingua. Son pioneiros neste ámbito os traballos de Orlando Alba para o español da República Dominicana (2013, 2014). Seguindo este modelo, tomamos como punto de partida a metodoloxía do Léxico dispoñible do galego (López Meirama e Álvarez de la Granja, 2014) e reproducímola para construír unha mostra comparable e ver se hai diferenzas entre os datos do curso 2008-2009 e do 2020-2021 no ámbito semántico da alimentación.
Nesta presentación explicaremos como aplicamos a metodoloxía de recollida e procesamento dos datos do Léxico dispoñible do galego e cales son os principais problemas que atopamos para comparar as dúas mostras das que partimos. Ademais, presentaremos as principais diferenzas que se observan entre os datos de 2008-2009 e de 2020-2021 e contrastaremos os resultados coas tendencias que recollen os estudos de socioloxía e antropoloxía alimentaria.