III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

Data de inicio: 
venres, Novembro 8, 2024 - 09:30
Data de fin: 
venres, Novembro 8, 2024 - 19:00

Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:

  • Actitudes e ideoloxías sobre a variación e o cambio lingüístico
  • Variación lingüística no ensino de linguas
  • Variación e cambio lingüístico en situacións de contacto
  • Propagación de procesos de variación e cambio lingüístico

Por outra parte, esta edición será emitida por primeira vez en directo a través da nosa canle de Youtube.

Poster: 

Sección

Cronograma
Envío de resumos: ata o 15 de xullo de 2024
Comunicación de aceptación de resumos: 30 de xullo de 2024
Inscrición para asistentes: do 1 ao 31 de outubro de 2024
III Xornada: 8 de novembro de 2024
Submisións

As propostas de comunicacións orais deben enmarcarse no tema do encontro, a variación e o cambio lingüístico, e serán especialmente benvidas as contribucións que se ocupen dalgunha das liñas temáticas propostas para este ano:

  • Actitudes e ideoloxías sobre a variación e o cambio lingüístico
  • Variación lingüística no ensino de linguas
  • Variación e cambio lingüístico en situacións de contacto
  • Propagación de procesos de variación e cambio lingüístico

As propostas deben incluír a seguinte información: título, 4-6 palabras chave e un resumo de 250 palabras como máximo, no que se indique o obxectivo, o método, os resultados e as conclusións do traballo presentado. É necesario cubrir este formulario de submisión e envialo a marta.negro@usc.gal ata o 15 de xullo.

As propostas serán seleccionadas para a súa presentación na Xornada a través dun proceso de revisión por pares cegos.

Idiomas de traballo: acéptanse todas as linguas románicas

As comunicacións orais terán unha duración de 20 minutos.

As conferencias e comunicacións presentadas na xornada serán publicadas na revista Estudos de Lingüística Galega, tras superar o proceso de revisión establecido pola publicación.