I Xeira CLARIAH-GAL

Data de inicio: 
xoves, Maio 2, 2024 - 09:00
Data de fin: 
xoves, Maio 2, 2024 - 19:45

CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. 

Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos, liñas de investigación, recursos ou grupos de investigación relacionados coas liñas temáticas da Xeira.

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala e non é preciso inscribirse.

 

Poster: 

Sección

Cronograma
  • 5 de abril de 2024 - Data límite de presentación de propostas de póster
  • 12 de abril de 2024 - Notificación de aceptación
  • 2 de maio de 2024 - I Xeira CLARIAH-GAL
Submisións

Se queres presentar un póster do teu proxecto, liña de investigación, recurso ou grupo de investigación nesta xeira, convidámoste a enviar un resumo ata o 5 de abril de 2024 ao seguinte enderezo electrónico: ilgsec@usc.gal.

O resumo non deberá exceder as 500 palabras (excluíndo referencias bibliográficas) e deberá incluír o título e autoría do póster, así como a motivación, obxectivos, método ou resultados da contribución presentada. Os pósters deberanse presentar impresos en formato vertical tamaño A1 o día da Xeira. Tanto o resumo coma o póster poden estar redactados en calquera lingua románica ou en inglés.