CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
Novedades
-
I Xeira CLARIAH-GAL
02/05/24 -
Xornada sobre tecnoloxías da linguaxe e visita ao ILG
26/04/24A directora do ILG, Elisa Fernández Rei, xunto a Senén Barro Ameneiro do CiTIUS, ofrecerá unha conferencia o venres 26 na xornada The Impact of Language Technologies on the Economy & Society, organizada pola Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) e a Xunta de Galicia. Dous días antes, o mércores 24 pola mañá, visitarán o ILG algúns membros da Oficina da Lingua Galesa, unha das entidades integrantes da rede NPLD.
-
Obradoiro "Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico"
12/04/24A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
-
Aberto o prazo de preinscrición dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
05/04/24Os XXXIV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia volverán reunir do 3 ao 29 de xullo en Santiago de Compostela estudantes de todo o mundo.
-
Parlamint finalista dos premios Digital Humanities Awards
30/03/24 -
Validatón
19/03/24O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
Miguel García Fernández e Ricardo Pichel editan unha obra sobre San Paio de Antealtares
04/03/24Os colaboradores do ILG Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel son os editores da obra Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica, coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
-
Membros do ILG na reunión de ILENIA
24/02/24Os membros do Instituto da Lingua Galega Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei e Carmen Magariños, xunto a investigadores do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela, representaron o Proxecto Nós na reunión organizada polo proxecto ILENIA o 22 e 23 de febreiro no campus de Gipuzkoa da Universidade do País Vasco.
-
Visita e café con Víctor Bargiela Zotes
30/01/24O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
Investigadores do ILG na reunión de presentación de CLARIAH-ES en Donostia
26/01/24Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa, membros do ILG, participaron o 25 de xaneiro en Donostia na presentación de CLARIAH-ES, cuxo obxectivo xeral é impulsar actividades de promoción das infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e organizar a participación oficial de España nestas.