Novedades

  • Ciencia aberta e humanidades dixitais

    14/11/23

    Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto.

  • Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal

    13/11/23

    O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022.

  • ELG en Dialnet Métricas

    02/11/23

    Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística.

  • "Visita e café" con Luke Bishop

    30/10/23

    O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.

  • Dolores Vilavedra, representante do ILG no Consello da Cultura Galega

    27/10/23

    Tras acordo do Consello Científico celebrado no Instituto o 10 de outubro, Dolores Vilavedra é a nova representante da nosa institución no Pleno do Consello da Cultura Galega en substitución de Elisa Fernández Rei, actual directora do centro. Vilavedra tomou posesión o 25 de outubro na sesión celebrada na sede do Consello e presidida por Rosario Álvarez.

  • Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP

    27/10/23

    María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

  • A práctica do piropo nos novos tempos

    26/10/23

    Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro.

  • "Visita e café" con Juan Manuel Fustes Nario

    23/10/23

    O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG. Farias dedicouse durante máis dunha década ao ensino da lingua italiana no nivel secundario e desde o ano 2006 integrou grupos e liñas de investigación relacionadas co ensino e a aprendizaxe de linguas.

  • VIII Xornada de Onomástica Galega

    21/10/23

    VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, coordinada por Ana Boullón e Luz Méndez, investigadoras do ILG e membros do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, terá lugar o vindeiro 21 de outubro no Museo de Pontevedra.

  • Pesar polo falecemento de Gustav Henningsen

    18/10/23

    O ILG lamenta o falecemento do investigador danés Gustav Henningsen. Especialista no estudo das tradicións populares e director durante varias décadas do Dansk Folkemindesamling, Henningsen doou ó ILG boa parte do material sonoro correspondente ás súas investigacións realizadas en Galicia.

Páginas