Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP

Data: 
Viernes, Octubre 27, 2023 - 17:00
Imaxe: 

María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Álvarez de la Granja presentou o libro Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, editado pola investigadora xunto a Marta Negro Romero e publicado polo Consello da Cultura Galega; Negro Romero falou xunto a Sónia Valente Rodrigues, da Universidade do Porto, das "Potencialidades pedagógico-didáticas do programa Língua, património e conhecimento tradicional", e Basanta Llanes presentou "Memoria das palabras: experiencia didáctica na Fonsagrada". Tamén participou Ivone Monteiro, da Escola Básica e Secundária de Rebordosa (Porto, Portugal), que presentou, ao igual que Basanta, a experiencia da participación do seu centro no programa do ILG cun relatorio titulado "À maneira do artesão - um projeto de Cidadania e Desenvolvimento".