Conferencia de M.ª Xesús Nogueira no Ateneo de Santiago

Data: 
Lunes, Mayo 11, 2026 - 19:30
Imaxe: 

A investigadora do Instituto da Lingua Galega e docente de literatura galega na Facultade de Filoloxía da USC María Xesús Nogueira vai ofrecer unha conferencia sobre Begoña Caamaño o luns 11 de maio, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago de Compostela.

Nogueira, autora da obra Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, presentará o relatorio "As mil vidas vividas de Begoña Caamaño" para conmemorar o Día das Letras Galegas en homenaxe á escritora e xornalista viguesa. Esta charla enmárcase no ciclo Luns do Ateneo e está organizada en colaboración co noso centro co obxectivo de darlle a coñecer ao público xeral o labor que se realizan as nosas investigadoras e investigadores.

O acceso é exclusivo para persoas socias do Ateneo ata as 19:20 h e a partir desa hora será libre ata completar a capacidade da sala. Ademais, a conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo e da súa canle de Youtube.