Amplíase ata o 15 de xullo o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro.
News
-
Destacado
Ampliación do prazo de envío de propostas
07/15/24 -
Destacado
Vítor Míguez publica un libro sobre a modalidade en galego
07/15/24O investigador do ILG Vítor Míguez vén de publicar en Jonh Benjamins o libro Revisiting modality: A corpus-based study of epistemic adverbs in Galician, que presenta a primeira investigación en profundidade sobre a modalidade na lingüística galega.
-
Destacado
Constitución do Foro Social do ILG
07/02/24O 2 de xullo quedou constituído o Foro Social do ILG, conformado por 12 membros de distintas institucións públicas e privadas do ámbito educativo, cultural, editorial, empresarial, dos medios de comunicación, da investigación etc.
-
Destacado
Recepción ao novo persoal adscrito ao ILG
07/02/24O 2 de xullo tivo lugar no Instituto unha xornada de benvida ao novo persoal adscrito ao centro. Os novos membros son Teresa Amado Rodríguez, Noelia Estévez Rionegro, Pablo García Martínez, María López Sández, Vítor Míguez Rego, María Xesús Nogueira Pereira, Montse Recalde Fernández e Carme Silva Domínguez.
-
Destacado
Membros do ILG organizan tres cursos da Universidade de Verán da USC
05/22/24Desde o 15 de maio encóntrase aberto o prazo para inscribirse nos cursos ofertados pola Escola de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entre os que se encontran tres dirixidos por membros do ILG.
-
Destacado
Número especial da revista 'Languages' sobre lingüística galega
05/21/24Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics. Xa se poden consultar en liña os catro primeiros artigos.
-
Destacado
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
05/15/24Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/08/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:
-
IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
10/03/24Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Curso de verán. Arquivos, museos, lugares e xente: fontes para a ensinanza en humanidades
07/15/24Este curso de verán, destinado ao estudantado de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, así como ao profesorado de ensino medio, procura a posta en valor de arquivos non canónicos (pensados nun senso amplo