Ampliación do prazo de envío de propostas
As persoas que desexen enviar unha proposta para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e/ou na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro, poden facelo ata o 15 de xullo a través dos formularios correspondentes.
Ambos os dous eventos son organizados na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela polo Instituto da Lingua Galega. A III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico realízase ademais en colaboración co Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.