Ampliación do prazo de envío de propostas

Data: 
Lunes, Julio 15, 2024 - 23:45

As persoas que desexen enviar unha proposta para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e/ou na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro, poden facelo ata o 15 de xullo a través dos formularios correspondentes.

Ambos os dous eventos son organizados na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela polo Instituto da Lingua Galega. A III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico realízase ademais en colaboración co Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.