Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais

Portada: 
Autor: 
Ramón Mariño Paz, Xavier Varela Barreiro
ISBN: 
978-84-16533-65-7
Editoriais: 
Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
Páxinas: 
270
Data de publicación: 
2016
Descrición: 

Neste libro reúnense traballos que versan sobre lingüística histórica e edición de textos galegos medievais. As exposicións sobre lingüística histórica románica, iberorrománica e galega con que se inicia van deseñando páxina a páxina un marco conceptual, un contexto, que arroupa co seu imprescindible amparo as contribucións sobre edición de textos galegos medievais reservadas para a segunda parte. Desta maneira, móstrase a interdependencia entre a lingüística histórica e a edición de textos, pois, se é certo que a edición é tarefa imposible se se descoñece o que os estudos de gramática histórica ensinan sobre o contexto de variación lingüística en que o texto abordado se produciu, tamén o é que a edición de novos textos e a revisión de edicións de textos xa realizadas é unha pródiga fonte de coñecemento para a lingüística histórica.