Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG)

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Lidia López Teixeiro
César Osorio Peláez
Descrición: 

O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina. A súa versión actual, accesible desde o 28 de novembro de 2010, inclúe 1.958 obras de 704 autores e autoras, producidas todas elas entre 1612 e 2013, e permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 26 millóns de palabras, correspondentes a 95.409 lemas diferentes. O TILG admite dous tipos básicos de pesquisa, por palabra ou por lema, que poden ser refinadas mediante diversas configuracións avanzadas.

Na actualidade o traballo desenvolvido no marco deste proxecto ten como obxectivos fundamentais arrequentar o Tesouro mediante a introdución de novos textos, potenciar a súa explotación mediante o desenvolvemento de novas ferramentas de consulta e complementar os resultados das buscas con información complementaria de carácter estatístico.

Imaxe: 
Data de execución: 
2000
Financiamento: 
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (convenio coa USC)