Rede Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos (TecAnDaLi)
Investigador principal:
Membros do equipo:
Grupo de investigación FILGA
Grupo de investigación MODESTYA
Grupo de investigación GTM
Grupo de investigación COGRADE
Grupo de investigación GSI
Grupo de investigación TALG
Grupo de investigación GRADES
Descrición:
TECANDALI é unha rede interuniversitaria e interdisciplinar que inclúe grupos de lingüística, estatística e enxeñaría informática e de telecomunicacións. Desenvolve a súa actividade no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e procura tirar proveito a partir do desenvolvemento de accións na área da investigación básica (xeración de coñecementos e metodoloxías de análise de datos lingüísticos) e da investigación aplicada (desenvolvemento de tecnoloxías que integren o coñecemento lingüístico).
Obxectivos
- Impulsar as colaboracións e os traballos interdisciplinares entre os membros da rede.
- Concibir novas ideas de proxectos e liñas de investigación conxuntas.
- Desenvolver novas metodoloxías de investigación interdisciplinares, co fin de superar a fase de colaboración instrumental entre as disciplinas humanísticas, científico-experimentais e tecnolóxicas.
- Impulsar iniciativas para a transferencia de coñecemento e resultados de investigación, establecendo para iso vías de colaboración con empresas e institucións potencialmente interesadas.
- Potenciar a proxección internacional dos grupos implicados.
- Mellorar as ferramentas e aplicacións elaboradas con anterioridade no marco dos grupos da rede.
- Promover a formación interdisciplinar de investigadores, doutorandos e investigadores en formación, outro persoal, estudantes, etc.
Imaxe:
Data de execución:
2012 a 2018
Financiamento:
Recibiu financiamento da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER en tres convocatorias competitivas sucesivas das Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do Sistema Universitario de Galicia
Recursos: