Inventario Toponímico da Galicia Medieval (ITGM)

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Manuel Blanco López
Rocío Dourado Fernández
César Osorio Peláez
Iria Pérez Mariño
Carlos Vázquez García
Descrición: 

O proxecto Inventario Toponímico da Galicia Medieval ten como obxectivo ir pondo á disposición dos usuarios o conxunto do material toponímico rexistrado na documentación galega medieval (tanto notarial como non notarial), organizándoo de acordo a certos criterios lingüísticos e ofrecendo un contexto xeográfico-administrativo de referencia o máis seguro e completo posíbel para as distintas entidades físicas asociadas a cada unha desas formas toponímicas.

O desenvolvemento do proxecto iniciouse en 2008 coa articulación da estrutura de almacenamento e de consulta en liña dos datos estudados. Fixéronse ademais, entre 2009 e 2012, catro achegas sucesivas con materiais toponímicos correspondentes a coleccións documentais de varias comarcas e áreas xeográficas galegas (Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas, terra de Celanova, dioceses de Mondoñedo e Lugo), ao tempo que se procedeu (para a súa inminente introdución nas fontes de aplicación en web) á extracción, identificación e etiquetaxe dos topónimos presentes nas obras galegas de carácter non notarial.

Imaxe: 
Data de execución: 
2008
Financiamento: 
Actualmente sen financiamento