Edición da colección diplomática dos documentos galegos medievais

Investigadora principal: 
Descrición: 

Este proxecto consiste na lectura e transcrición de diferentes documentos galegos medievais. Actualmente o proxecto céntrase na lectura e transcrición das fontes pertencentes ao mosteiro cisterciense de Santa María de Oia (Pontevedra). Os fondos deste mosteiro abranguen desde 1113 ata 1698, aínda que no proxecto se reducen á súa etapa medieval e, por tanto, a data final ponse en torno ao 1500.

O groso do conxunto documental consérvase no Arquivo Histórico Nacional, en pergamiños soltos almacenados nas carpetas número 1794 – 1850. Tamén se conservan neste arquivo 4 legaxos: os números 5462, 5464, 5467 e 5473. O conxunto ascende a uns 1288 documentos en pergamiños soltos.

O primeiro que levamos a cabo foi a lectura dos documentos soltos para completar así a primeira lectura de todo o fondo medieval, mantendo a nosa base de datos actualizada. Este proceso é moi importante para permitirnos o control e estudo dos documentos segundo os diferentes criterios necesarios para proseguir a nosa investigación e poder clasificar os documentos que son do mesmo notario, do mesmo abade, do mesmo rei, etc. Logo realizamos unha primeira lectura e transcrición das fontes, unha relectura de corrección para cotexar datos e estilos dos diversos notarios e completar lecturas dubidosas. Esta relectura non foi lineal, pois consiste nunha continua revisión dos documentos xa transcritos utilizando os datos que van xurdindo ao transcribir os novos. Tamén realizamos un tratamento informático das imaxes e mais un traballo de baleirado dos datos relevantes de cada documento nunha base de datos.

Ademais intentamos localizar todos os documentos pertencentes a este fondo publicados por diversos autores coa intención de completar as nosas lecturas e, ao mesmo tempo, de achegar dita información na futura publicación deste corpus.

Imaxe: 
Data de execución: 
2010
Financiamento: 
Convenio coa Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria)