Arquivo do Galego Oral (AGO)

Investigador principal: 
Descrición: 

O Arquivo do Galego Oral foise configurando desde 1974 co fin de construír un corpus multidisciplinar para estudar a lingua oral e contribuír a un mellor coñecemento da sociedade galega con mostras do patrimonio inmaterial. Contén unhas 2.000 horas de gravacións, con rexistro sonoro de máis de 7.000 persoas, das que unhas 1.000 horas (de 1992 á actualidade) son rexistros cuns 5.700 informantes de todos os concellos de Galicia (e de concellos galegófonos de Asturias, León e Zamora e dos tres de Cáceres con falas esencialmente galegas).

Os obxectivos inmediatos do AGO son a posta en rede dun banco de textos que configuren un atlas temático da oralidade de todo o dominio lingüístico e a construción do Tesouro Oral Informatizado da Lingua Galega (TOILG), corpus para estudos léxicos e gramaticais, fundamentalmente. No sitio http://ilg.usc.es/ago/ pódese consultar unha escolma de textos (audio e transcricións semifonolóxica e estandarizada), con temas diversos sobre aspectos históricos, etnográficos, socioculturais etc.

Imaxe: 
Data de execución: 
2013
Financiamento: 
Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Convenio coa Consellería de Innovación e Industria Traballos para a conservación en soporte dixital de materiais lingüísticos e difusión dos resultados de investigación (2007-2008)