Xornadas Internacionais de Lexicografía

Data: 
luns, Maio 11, 2015 - 17:45

O luns 11 de maio, María Álvarez de la Granja, investigadora do ILG, pronunciou unha conferencia titulada "Os recursos lexicográfico-lingüísticos da lingua galega: panorama actual". A conferencia tivo lugar na Casa das Campás de Pontevedra ás 18 h. Esta comunicación insírese dentro das Xornadas Internacionais de Lexicografía, organizadas pola Rede de Lexicografía (RELEX) e o Proxecto PORTLEX.